Jueves 7 de febrero 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Vive o Entroido" nos CSC

A Concellería de Centros Socioculturais preparou un amplo calendario de actividades para o Entroido, agrupadas no programa Vive o Entroido. Son máis de 100 actividades en toda a rede de centros e locais socioculturais, que este ano, ademais, participarán activamente no desfile do martes de Entroido e na queima do Meco.

Do 22 de xaneiro ao 23 de febreiro nos centros socioculturais.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Clemens Schuldt

A Real Filharmonía de Galicia estará dirixida neste concerto por Clemens Schuldt e contará coa pianista Ingrid Fliter. Interpretará no programa obras de Schreker, Beethoven e Schubert.

O 7 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Christina Rosenvinge

Christina Rosenvinge ofrece un concerto en acústico dentro do ciclo Íntimo & Acústico. Con 30 anos de carreira, Christina Rosenvinge bota a vista atrás e abre os caixóns para volver mostrar as cancións das que máis orgullosa sente. E tamén, gozaremos de novas gravacións expresamente rexistradas para o seu último traballo, o recompilatorio Un caso sin resolver.

O xoves 7 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: