Sábado 23 de febrero 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Vive o Entroido" nos CSC

A Concellería de Centros Socioculturais preparou un amplo calendario de actividades para o Entroido, agrupadas no programa Vive o Entroido. Son máis de 100 actividades en toda a rede de centros e locais socioculturais, que este ano, ademais, participarán activamente no desfile do martes de Entroido e na queima do Meco.

Do 22 de xaneiro ao 23 de febreiro nos centros socioculturais.

Axenda

Concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este concerto didáctico dirixido por Maximino Zumalave baixo o título Adagio, Canon, Aria, Serenata.... Nel interpretarán obras de Bach, Pachelbel, Albinoni, Bocherini, Mozart, Barber, Bartok, Piazzola e Anderson.

O sábado 23 de febreiro, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Joaquín Reyes

Joaquín Reyes trae ao Compostela Soy especial, o seu monólogo máis irreverente e underground. Un espectáculo divertido e atrevido onde a risa está garantida do primeiro ao último minuto. Ciclo Falabaratos.

O sábado 23 de febreiro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Estrea absoluta de "Waltz"

"O corazón é un neno, espera o que desexa". Proverbio ruso. Waltz é un conto sobre o amor. A vida é un salón de baile onde imos cambiando de parella. Hai parellas que te pisan, outras que te agarran pola cintura, a algunhas súanlle as mans e con outras bailarías por toda a eternidade. Reprsenta a compañía Voadora.

Na Zona C, nas seguintes funcións:
- Xoves 14 febreiro, ás 20:30 h.
- Venres 15 febreiro, ás 20:30 h.
- Sábado 16 febreiro, ás 20:30 h.
- Domingo 17 febreiro, ás 19:30 h.
- Xoves 21 febreiro, ás 20:30 h.
- Venres 22 febreiro, ás 20:30 h.
- Sábado 23 febreiro, ás 20:30 h.
- Domingo 24 febreiro, ás 19:30 h.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: