Martes 19 de febrero 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Fantasías animadas" coa Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música presenta este concerto didáctico dirixido por Xosé Carlos Seráns. O concerto e a guía didáctica que o acompaña, elaborada por Olaia Novo, van dirixidos a alumnos de educación infantil e primeiro de educación primaria. A idade dos educandos oscila entre os tres e os seis anos aproximadamente. A Banda ofrece aberto a todo público este concerto didáctico.

O martes 19 de febreiro e o mércores 20, ás 10:15 e 12:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Vive o Entroido" nos CSC

A Concellería de Centros Socioculturais preparou un amplo calendario de actividades para o Entroido, agrupadas no programa Vive o Entroido. Son máis de 100 actividades en toda a rede de centros e locais socioculturais, que este ano, ademais, participarán activamente no desfile do martes de Entroido e na queima do Meco.

Do 22 de xaneiro ao 23 de febreiro nos centros socioculturais.

Axenda

Conferencia sobre a catalogación dos órganos de Galicia

Dentro das I Xornadas de Órgano Mariano Tafall, organizadas polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, conferencia de Andrés Díaz e Belén Bermejo co título Os órganos de Galicia na encrucillada da súa catalogación.

O martes 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na biblioteca do Conservatorio Profesional de Música.

Compartir: