Lunes 7 de enero 2013

Axenda

Pista de xeo na Alameda

A Alameda alberga ata o 3 de febreiro unha pista de xeo de 60 x 12,5 metros, proporcionando aos patinadores unha superficie de xeo de 500 metros cadrados.

Horarios e prezos:

- Período lectivo: luns a xoves, de 9:00 a 14:00 (só centros escolares) e de 17:00 a 21:00 horas; venres, de 9:00 a 14:00 (só centros escolares) e de 16:30 a 22:00 horas; sábados e domingos, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Haberá sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.

- Período de vacacións de Nadal: luns a domingo, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.

A entrada xeral por 57 minutos, con patíns incluídos, custa 7,5 euros e, sen patíns, 4,5 euros. A entrada xeral sen limitación de tempo custa 10 euros con patíns e 5,5 euros sen eles. Hai un prezo especial para as entradas dos escolares, a 4 euros cos patíns. Ademais, existe a posibilidade de adquirir unha cartilla de 10 euros que facilita descontos en función do número de veces que se pase pola pista.

Ata o 3 de febreiro, na Alameda.

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: