Viernes 4 de enero 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Ñam!", espectáculo de teatro para bebés na Zona C

Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos: Porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou chegar do outro lado do mundo. ¡A min encántame o doce! ¡Pois eu prefiro o salgado!

O venres 4, ás 17:00 e 18:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Cancións galegas de Antonio Fernández-Cid

Cuarto e último concerto desta edición de Todo Lírica. Alumnos da Escola Superior de Canto de Madrid interpretan cancións galegas de Antonio Fernández-Cid.

O venres 4 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Opereta francesa e vienesa

Pechan o cíclo Todo Lírica o 4 de xaneiro dúas figuras da lírica nacional e viva mostra da rica escola de canto valenciana, a soprano Isabel Monar e o barítono José Antonio López. Acompañados polo pianista Rubén Fernández Aguirre centrarán o seu programa na Opereta francesa e vienesa, interpretando romances e dúos de compositores salientables do xénero como Lehar, Kálman, Messager, Straus ou Hahn. Como preámbulo, unha fermosa selección de vilancicos populares vascos e de dúos de clásicos como Purcell, Saint Saëns, Fauré e Schumann.

O sábado 4 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: