Jueves 27 de septiembre 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico abre a súa exposición en Santiago de Compostela.

Do 20 ao 30 de setembro, no claustro do Museo do Pobo Galego no seguinte horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

VIII Semana Cultural da Rocha

A Rocha celebra unha nova edición da súa Semana Cultural, cun amplo programa de obradoiros, exposicións, visitas guiadas, danza e festa.

Do 25 de setembro ao 2 de outubro, no Centro Sociocultural da Rocha.

Axenda

Concerto da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música de Santiago sae unha vez máis á rúa para achegar a música a todos os composteláns e visitantes. A programación que presenta pretende recoller todos os gustos e estilos musicais propios das formacións bandísticas, potenciando especialmente a música galega.

O xoves 27 de setembro, ás 19:30 horas, na praza das Praterías.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Concerto-Homenaxe a Mstislav Rostropovich

Tras o éxito alcanzado na edición de 2011 celébrase o II Festival Internacional "Peregrinos Musicais". Nesta segunda edición participan os novos músicos da Fundación Mstislav Rostropovich, encabezados por Olga Rostropovich, filla do mundialmente recoñecido cellista ruso, con motivo da celebración do 85º aniversario do seu nacemento.O evento xorde da cooperación entre as Fundacións Benéficas Internacionais de Mstislav Rostropovich e de Vladimir Spivakov, e a Real Filharmonía de Galicia, e conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia.

Esta terceira entrega do Festival será un concerto-homenaxe a Mstislav Rostropovich, no que estará o Coro de Nenos da Catedral.

O xoves 27 de setembro, ás 20:30 horas, na Catedral de Santiago.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"A función do tequila", por Teatro do Morcego

Teatro do Morcego presenta A función do tequila, Premio Rafael Dieste 2011. Trátase dunha peza baseada nun feito real, que conta a historia de María do Campo, a suposta secretaria de Castelao en Nova York, en 1938, cando este se atopaba recadando apoios para a causa republicana. Non obstante, esta muller resultará ser unha axente da CIA destinada a espiar ao intelectual galeguista.

O mércores 26 e o xoves 27 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Howe Gelb

Howe Gelb volve a Santiago no marco do ciclo Íntimo & Acústico. Presentará o seu último traballo, Tucson, un disco que leva o nome da cidade que, sen lugar a dúbidas, marca boa parte do seu proxecto vital e musical.

O xoves 27 de setembro, ás 21:00 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: