Jueves 1 de noviembre 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Románticos", por Mofa e Befa

Mofa & Befa regresan para colocar un dos mitos contemporáneos no seu sitio: o espírito romántico.

Do mércores 31 de outubro ao sábado 3 de novembro, ás 21:00 horas, e o domingo 4, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Orquestra Sinfónica de Galicia

Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Dima Slobodeniouk.

Dicía Chaikovski sobre unha das súas obras favoritas, a súa Sinfonía núm. 1: "Gústame moito esta sinfonía e lamento fondamente que tivera unha infeliz existencia". Neste concerto, poderemos escoitala, xunto con Baba-Yaga, de Liadow, e os Cadros dunha exposición de Mussorgski e Ravel.

O xoves 1 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: