Martes 1 de junio 2010
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Xogos e contos
O CSC das Fontiñas organiza, cada mércores, unha actividade de xogos e contos, destinada a menores de 5 anos.
O mércores 30 de xuño, ás 17:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Bordado para nenos no CSC das Fontiñas
Dentro do programa Aulas de Xogo, ofrécese unha semana temática de bordado destinada a rapazas e rapaces de a partir de oito anos.
Do 1 ao 5 de xuño, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Axenda
Obradoiro do espectador: sesión de adestramento
Primeira sesión dun novo obradoiro do espectador, unha actividade que trata de achegar o público á escena contemporánea, neste caso a través de Knochenblume, peza de danza contemporánea de Estela Lloves.
O martes 1 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala Nasa.