Viernes 7 de noviembre 2008
Axenda
A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia
Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.
Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Charla sobre a gaita galega na Escola Municipal de Música
O profesor Pablo Pascual ofrece unha charla titulada "A gaita galega e a expansión da cornamusa en Europa".
O venres 7 de novembro, ás 19:00 horas, no salón de actos da Escola Municipal de Música.