Sábado 3 de junio 2006
Axenda
Sen Xeración
O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.
Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.
Axenda
Feira do Libro Antigo e de Ocasión
O Paseo Central da Alameda acolle unha nova edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión. Dez librarías ofrecen ao visitante a súa colección de libros, comics, revistas ou carteis.
Ata o 18 de xuño, no Paseo Central da Alameda.
Axenda
"Xoves poéticas surrealistas" na Fundación Granell
O día 1de xuño, inaugúrase outro espazo cunha programación propia, o ciclo "Xoves poéticas surrealistas", a desenvolver na actual sala de conferencias, orientado a aqueles/as xoves creadores/ as que utilicen como eixo fundamental da súa obra, a estética surrealista.
A primeira exposición deste ciclo é "Leningrad", exposición de colaxe, do artista Bies Golas (Miguel Calvo Ulloa) que permanecerá aberta ata o 25 de Xuño.
Axenda
"Antígona", de Sófocles, no Principal
O grupo de teatro In vitro, da Universidade de Xaén, representa unha versión de "Antígona", o clásico da triloxía tebana.
O sábado 3 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.