Sábado 10 de junio 2006
Axenda
Feira do Libro Antigo e de Ocasión
O Paseo Central da Alameda acolle unha nova edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión. Dez librarías ofrecen ao visitante a súa colección de libros, comics, revistas ou carteis.
Ata o 18 de xuño, no Paseo Central da Alameda.
Axenda
"Xoves poéticas surrealistas" na Fundación Granell
O día 1de xuño, inaugúrase outro espazo cunha programación propia, o ciclo "Xoves poéticas surrealistas", a desenvolver na actual sala de conferencias, orientado a aqueles/as xoves creadores/ as que utilicen como eixo fundamental da súa obra, a estética surrealista.
A primeira exposición deste ciclo é "Leningrad", exposición de colaxe, do artista Bies Golas (Miguel Calvo Ulloa) que permanecerá aberta ata o 25 de Xuño.
Axenda
5 hombres y mujeres.com no Auditorio
O Auditorio de Galicia acolle o espectáculo de humo "5 hombres y mujeres.com"
O venres ás 22.00 horas e o sábado ás 20:00 e 23:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Festa do Circo
A Sala Nasa acolle unha peculiar Festa do Circo.
Do 8 ao 10 de xuño, ás 23:00 horas, na Sala Nasa.