Lunes 9 de febrero 2015
Axenda
"Espazos compartidos. Cines e vidas", mostra fotográfica de Compostela Cine Classics
Unha exposición conformada por 15 fotografías seleccionadas das concorrentes no concurso promovido pola edición deste ano do Compostela Cine Classics, pecha a programación sociocultural deste proxecto,
A exposición recolle as impresións dos distintos autores sobre o cine nas súas vidas, os seus recordos e o que o cine representa para eles. Os traballos seleccionados son os seguintes: "Voltaremos", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Días de choiva", de Ana Valado; "Personaxe misteriosa", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Novembro en Compostela" de María Munín González; "Outro Cinema Paradiso", de Jorge Juan; "Redescubrindo a Sala Yago", de Yolanda Atararxia; "Fuga en vermello", de Javier Grixo; "Godard", de Ana Gontad; "I love cine", de Peibol; "Safety curtain", de Valeria; "A taquilla do Colón", de Tania F.; "Con faldas y a lo loco en San Martiño Pinario", de María Munín González; "A derradeira carteleira dos cines Valle-Inclán", de María Munín Gonzalez; "Primer plano", de José Mª Lamas; e "Expo cine", de Lora B.
Do 15 de xaneiro ao 12 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
Axenda
"Lo real", intervención de María Castellanos Vicente na Zona C
María Castellanos Vicente (Xixón, 1985), indaga en Lo real acerca da percepción. Formalmente, concibe unha instalación cunha parede chea de espellos aparentemente normais e sitúa no centro da sala un monitor no que o público se vai atopar coa cita do filósofo francés Jean Baudrillard: "O real xa non é aquilo que se pode reproducir, senón o reproducido’. A frase só se pode ver a través do monitor, que reproduce a tempo real o que unha cámara situada na sala está a capturar".
Ata o domingo 1 de febreiro, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
XXI Festival de Teatro Universitario
A Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, Compañia de Teatro, abre a XXI edición do Festival Internacional de Teatro Universitario coa obra A historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet, adaptación libre do libreto de Sondheim.
O luns 9 e o martes 10 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.