Domingo 4 de enero 2015
Axenda
Nadal 2014
O Concello de Santiago ofrece este Nadal unha variada programación, con actividades orientadas á participación de todos os públicos.
Do 5 de decembro ao 5 de xaneiro, en diversos espazos da cidade
- Programa completo Nadal 2014
- Programa calendario A Árbore das Ilusións
- Programa calendario A Fábrica de Agasallos
- Programa de concertos Música na Rúa
- Bases de participación do Concurso de Beléns e de Ambientación de Nadal
- Bases de participación no Mercado da Quintana
- Campaña de recollida de xoguetes
Axenda
Santiagolandia
Santiagolandia é un parque de atraccións de Nadal que inclúe ludoteca, inchables, saltamontes, simuladores, coches de choque, minigolf, maquillaxe, globoflexia e diversos talleres, ademais doutras moitas atraccións. A entrada custa 5 euros.
Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro, no recinto feiral de Amio.
Horario: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas. O parque non abre os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. Os días 24 e 31 de xaneiro, pecha ás 18:30 horas.
Axenda
"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"
Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.
Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.
Axenda
Concerto de Reis da Banda Municipal de Música de Santiago
Nesta ocasión, a Escola Municipal de Música de Santiago acompañará a Banda Municipal de Música de Santiago no seu concerto matinal dos domingos no Teatro Principal, cun programa de Nadal moi especial.
O domingo 4 de xaneiro, ás 12:30 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Iago Fernández Sextet
O jazz Galego está de noraboa, Iago Fernández presenta o seu segundo disco Acougo, que conta con Demian Cabaud no contrabaixo, Xan Campos no piano, Wilfried Wilde na guitarra, Vicent Macián no saxo tenor e Félix Rossy na trompeta. Cinco músicos cos que se entende á perfección.
O domingo 4 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural