FESTAS

Xornada de circo e folk nas festas do Apóstolo

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.
22/07/2015

O parque de Belvís converteuse este mércores nun gran parque do circo, grazas á Gala de Novo Circo Compostelán Circompostela, organizada por Culturactiva e por PistaCatro dentro da programación Artellando das festas do Apóstolo 2015. Ao tempo, pero na praza da Quintana, soou o folk de formacións como Pepe Vaamonde Grupo ou Tis Che Tein.

Leer más

FESTAS

Imelda May e o peche da programación de Artellando coa Romaría Cativa de Bonaval, na xornada do xoves das festas do Apóstolo

Cartel da I Romaría Cativa.
22/07/2015

Artellando pon punto e final á súa programación este xoves pola tarde con Mamá Cabra, María Fumaça, danza, circo, obradoiros e xogos infantís na Romaría Cativa de Bonaval que se celebra de 16:00 a 21:00 horas. Na xornada deste xoves teremos tamén Artellando nos barrios e nos recunchos pola mañá e á noitiña; concerto da Banda Municipal xunto a Cantigas e Agarimos en Praterías ás 20:00 h e pechamos o día con Imelda May e Rockin’ Corsarios ás 21:00 h na praza...

Leer más

FESTAS

Belvís converterase este mércores nun gran parque do circo dentro das festas do Apóstolo

Cartel da Gala de Novo Circo.
21/07/2015

O parque de Belvís converterase o mércores pola noite nun gran parque do circo. A partir das 22:30 horas comezará a Gala de Novo Circo Compostelán Circompostela, organizada por Culturactiva e por PistaCatro dentro da programación Artellando das festas do Apóstolo 2015. Ademais, nesta xornada teremos o IV Certame Folk organizado por La Voz de Galicia, con xogos de habilidade, obradoiros e varios concertos, ademais da Feira de Artesanía e de Deseño. O calendario festivo complétase con outras moitas...

Leer más

FESTAS

Concerto de Gentleman & The Evolution e seis propostas de Artellando na xornada do martes 21 das festas do Apóstolo

Bandullo Azul.
20/07/2015

Gentleman & The Evolution son os protagonistas da xornada das Festas do Apóstolo 2105 do martes 21 de xullo. Estarán ás 22:00 horas na praza da Quintana nun concerto con entrada libre, como todas as propostas do programa de Festas deste 2015. O programa complétase con seis actividades de Artellando: narración oral con Brais das Hortas na Gracia e con Contos Daboapipa en Vite e San Lourenzo; teatro coa compañía O Bandullo Azul na Praza Roxa; danza con Ánxela Blanco detrás do CGAC; e música con Marcelo Mercadante...

Leer más

FESTAS

Concerto de The Gospell Times na Quintana e de Fetén Fetén no Toural, na xornada do luns 20 das festas do Apóstolo 2015

Fetén Fetén.
19/07/2015

Os protagonistas da xornada do luns 20 das festas do Apóstolo serán The Gospell Times e Fetén Fetén, que ofrecen concertos á noitiña, na praza da Quintana e no Toural, respectivamente. Pero antes teremos moito Artellando: nos barrios (en Nemenzo, Santa Marta e O Castiñeiriño) e nos recunchos, en concreto no recanto de San Miguel (fronte ao Museo das Peregrinacións).

Leer más
Compartir: