Convocatoria de subvencións á rehabilitación edilicia do 5 de agosto de 2019 nas Áreas de Rehabilitación Integral do Concello

Descrición

Por acordo de Xunta de Goberno Local de data 15 de xullo de 2019 convócanse subvencións para a rehabilitación no ámbito da área de rexeneración e renovación urbana dos barrios de Vite, Pontepedriña, Casco Histórico e Vista Alegre do Concello de Santiago de Compostela en desenvolvemento do Acordo da comisión bilateral de 26 de outubro de 2018.

O prazo de presentación das solicitudes será de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. (BOP da Coruña do 5/08/2019).

Solicítase en

Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público do 15 de xuño ao 15 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Rehabilitación e Vivenda
Enderezo: Praza de Cervantes n. 5-2º
Tel.: 981 54 24 37
Tel. tramitación de subvencións: 981 542 419

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: