Obradoiro de fotografía analóxica
Descrición
ObxectivosCoñecer a cámara réflex e tirar partido ao máximo das súas características.
Adquirir coñecementos básicos das técnicas de iluminación.
Explorar as posibilidades do revelado en branco e negro.
Sacar fotos cun nivel de calidade elemental que indique un axeitado dominio da máquina.
Contidos
Coñecementos xerais da imaxe. As partes da cámara. Manexo e emprego da cámara: tempo de exposición e profundidade de campo.
Accesorios fotográficos: trípodes, disparador, filtros, obxectivos.
Fotografías con luz artificial. A película fotográfica. O laboratorio de revelado: compoñentes e usos. Modalidades de fotografía: a natureza, o retrato, a reportaxe, natureza morta.
Metodoloxía
O curso esixe a disposición dunha cámara réflex por cada participante, preferiblemente a cámara propia. Estamos diante dun taller onde as explicacións se dan sobre a marcha, aplicando á práctica as explicacións. Dispoñerán en todo caso de material complementario para recibir o taller. Prevese como complemento a visita a algún estudio profesional. O material poderá ser empregado nunha exposición a organizar ao final do curso.
Sesións
Dúas horas por semana, con posibilidades de ampliación de horas.
Destinatarios
Alumnos e alumnas de secundaria.