Encontro do asociacionismo xuvenil de Compostela

Descrición

A mocidade debe abrir canles de debate sobre a súa participación activa na construción da sociedade civil nos vindeiros anos. Para axudar neste proceso traballamos co sector asociativo para abordar a celebración deste encontro.
Na mostra pretendemos que estean presentes as asociacións da cidade de xeito que funcionen como expoñente da súa actividade, achegándose principalmente aos máis novos.

Obxectivos
Promover a reflexión entre as asociacións.
Incentivar a creación de redes de colaboración interasociativa.
Favorecer o debate da mocidade sobre a súa problemática, establecendo canles para afrontala.

Contidos
Mostra de asociacionismo. Postos das asociacións con folletos, trípticos e información de interese.
Conferencias e mesas redondas sobre temas de interese para as distintas asociacións xuvenís participantes.
Formación. Cursos e talleres de formación para a mellora da xestión e comunicación asociativa.
Actividades de promoción do asociacionismo nos institutos de secundaria da cidade.
Actividades de dinamización de rúa. Teatro, xogos, música.

Inscrición
Forma de inscrición: mediante o impreso correspondente. Enviar por fax ou correo electrónico.
Información: Departamento de Educación e Mocidade
Tfno.: 981 554 400 / 554 401. Fax: 981 571 511

Solicítase en

Mocidade
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 542 457
Correo: Contactar co Concello
Web: https://www.facebook.com/pages/Conceller%C3%ADa-de-Xuventude-de-Santiago-de-Compostela/151484694905798
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.


Compartir: