Beneficios fiscais de oficio con achega de documentación

Descrición

No suposto de que o suxeito pasivo dun tributo considere que ten dereito a aplicación de calquera dos beneficios fiscais de oficio recollidos a continuación e o Concello non o tivese recoñecido previamente, poderá cumprimentar o modelo de Beneficio fiscal con achega de documentación xustificativa que corresponda segundo a relación contida no apartado de Formularios.

Requirimentos

IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

BONIFICACIÓNS

Inmobles con insuficiente nivel de servizos básicos de titularidade municipal (auga, saneamento e alumeado público)
  • Fotocopia do documento de identidade.
Inmobles aos que non se lles aplica a exención do artigo 62.2 b) do Texto refundido da lei de facendas locais, aprobado polo RDL 2/2004, por estar afectos a unha actividade económica
  • Fotocopia do documento de identidade.

EXENCIÓNS

Inmobles do Estado, CCAA e Entidades locais destinados á seguridade cidadá, servizos educativos, penitenciarios ou á defensa nacional
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado do órgano competente do Estado, CCAA ou Entidade local acreditativo do destino do inmoble.
Inmobles exentos en virtude de convenio internacional
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Convenio internacional.
Inmobles da Igrexa católica e de asociacións confesionais exentos en base ao RDL 2/2004
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado da autoridade relixiosa competente acreditativo de que o inmoble está afecto aos fins do artigo IV do Acordo sobre asuntos económicos coa Santa Sede ou aos fins establecidos no acordo de cooperación correspondente.
  • Certificado de que a entidade titular do inmoble é unha entidade relixiosa englobada no artigo IV do Acordo sobre asuntos económicos coa Santa Sede ou no acordo de cooperación correspondente.
Inmobles da Igrexa católica e doutras igrexas, confesións e comunidades relixiosas con acordos de cooperación co Estado español en base á disposición adicional 9.1 da Lei 49/2002.
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado da autoridade relixiosa competente ou administrador da entidade de acreditación da actividade á que está afecto o inmoble obxecto da solicitude de exención.
  • Certificado da AEAT no que se describa a clasificación da entidade religiosa na disposición adicional 9.1 da Lei 49/2002.
Terreos ocupados por liñas de ferrocarril e edificios destinados á explotación desas liñas
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado do órgano competente acreditativo de que os terreos están ocupados polas liñas do ferrocarril e/ou que os edificios enclavados neles están dedicados a estacións, almacéns ou calquera outro servizo indispensable para a explotación das liñas.
Montes poblados con especies de crecemento lento
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Documentación acreditativa de que o monte está poblado con especies de crecemento lento.
  • Documentación acreditativa de que o principal aproveitamento é o cortiza ou a madeira.
  • Documentación acreditativa de que a densidade do arbolado é a propia ou normal da especie de que se trate.
IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

BONIFICACIÓNS

Vehículos históricos
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Ficha técnica do vehículo.
  • Permiso de circulación.

EXENCIÓNS

Vehículos oficiais do Estado, CCAA e Entidades locais adscritos destinados á defensa nacional ou a seguridade cidadá
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Ficha técnica do vehículo.
  • Permiso de circulación.
  • Certificado emitido polo órgano competente do Estado, Comunidade Autónoma ou Entidade Local acreditativo da adscrición do vehículo á defensa nacional ou á seguridade cidadá.
Vehículos de representacións diplomáticas e consulares e de organismos internacionais
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Ficha técnica do vehículo.
  • Permiso de circulación.
  • Certificado emitido polo organismo competente acreditativo da adscrición do vehículo á representación diplomática, consular ou organismo internacional, ou
  • Certificado acreditativo da condición do solicitante de funcionario ou membro dun organismo internacional con estatuto diplomático.
Vehículos exentos en base a convenios internacionais
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Ficha técnica do vehículo.
  • Permiso de circulación.
  • Convenio internacional.
Vehículos de transporte sanitario
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Ficha técnica do vehículo.
  • Permiso de circulación.
  • Certificado da Consellería de Sanidade ou organismo competente acreditativo de que o vehículo está directamente destinado ao transporte sanitario.

Vehículos destinados ao transporte público urbano
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Ficha técnica do vehículo.
  • Permiso de circulación.
IMPOSTO SOBRE O AUMENTO DE VALOR DE TERREOS DE NATUREZA URBANA

EXENCIÓNS

Transmisión de bens de institucións benéfico ou benéfico-docentes
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado da Consellería competente acreditativo da calificación da entidade solicitante como benéfico ou benéfico-docente.
Transmisión de bens das entidades xestoras da seguridade social e mutualidades de previsión social
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social acreditativo de que a entidade solicitante é unha entidade xestora da seguridade social ou mutualidade de previsión social.
Transmisión de bens afectos a concesións administrativas revertibles
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado acreditativo de que os bens transmitidos están afectos á concesión.
  • Certificado acreditativo do carácter revertible da concesión administrativa
Transmisión de bens de persoas ou entidades exentas en virtude de convenio internacional
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Convenio internacional
Transmisión de bens da Igrexa católica e doutras igrexas, confesións e comunidades relixiosas con acordos de cooperación co Estado español en base á disposición adicional 9.1 da Lei 49/2002
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado da autoridade relixiosa competente ou administrador da entidade de acreditación da actividade á que está afecto o inmoble obxecto da solicitude de exención, así como da permanencia de dita actividade con posterioridade á transmisión.
  • Certificado da AEAT no que se describa a clasificación da entidade religiosa na disposición adicional 9.1 da Lei 49/2002.
IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS

BONIFICACIONS

Cooperativas e sociedades agrarias de transformación
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Documento que acredite o dereito á bonificación nos termos sinalados no Real Decreto Legislativo 2/2004.

EXENCIÓNS

Entidades xestoras da seguridade social e mutualidades de previsión social
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Documento que acredite o dereito á exención nos termos sinalados no Real Decreto Legislativo 2/2004.
Suxeitos pasivos exentos en virtude de convenio internacional
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Convenio internacional.
Igrexa católica e outras igrexas, confesións e comunidades relixiosas con acordos de cooperación co Estado español en base á disposición adicional 9.1 da Lei 49/2002
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado da AEAT no que se describa a clasificación da entidade religiosa na disposición adicional 9.1 da Lei 49/2002.
TAXAS DE AUGA, SANEAMENTO E LIXO

BONIFICACIÓNS

- LIXO

Contribuíntes que viven en zonas con recollida en días laborables alternos
  • Fotocopia do documento de identidade.

Notas para o cidadán

Normativa reguladora
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
  • Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
  • Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo.
  • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Ordenanzas fiscais municipais

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Xestión tributaria, Recadación e Inspección
Enderezo: Galeras, 5 -3º andar

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: