Solicitude catastral: rectificación de datos catastrais

Descrición

Solicitude de rectificación de datos catastrais no caso de que o titular dun inmoble detecte erros nos datos que figuran no Concello a efecto do Imposto de Bens Inmobles, relativos a:
- Erro na superficie.
- Erro no enderezo tributario.
- Erro na valoración catastral ou no uso.
- Non é titular.
- Outros.

Dirixido a

Ao titular catastral do inmoble.

Requirimentos

Os que figuran nas instruccións particulares de cada impreso.

Documentación necesaria

A que figura nas instruccións particulares de cada impreso.
Os documentos presentaránse mediante copia compulsada ou con orixinal e copia para que se realice a compulsa no momento da presentación.
A documentación gráfica pode presentarse en formato DXF, DGN, DWG ou semellante.

Notas para o cidadán

Prazo de presentación: en calquera momento, unha vez transcurrido o prazo para a presentación do recurso de reposición contra o acordo catastral polo que o inmoble queda configurado cos datos catastrais agora recorridos.

Normativa reguladora:
- Real decreto lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei de catastro urbanístico.
- Real decreto 417/2006, de 16 de abril, polo que se desenvolve o texto refundido da lei de catastro inmobiliario.
- Orde EHA/3482/2006, de19 de outubro, pola que se aproban os modelos de declaración de alteracións catastrais dos bens inmobles. e se determina a información gráfica e alfanumérica necesaria para a tramitación de determinadas comunicacións catastrais.

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Atención ao Contribuínte

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: