Beneficios fiscais: nas taxas de auga, saneamento e lixo

Descrición

Solicitude de declaración de exención ou bonificación nas taxas de auga, saneamento e lixo nos supostos legalmente establecidos de beneficios fiscais a instancia do interesado.
Os supostos de beneficios fiscais de oficio con achega de documentación xustificativa atópanse no apartado así denominado.

Documentación necesaria

BONIFICACIÓNS

- LIXO

Vivendas que realicen compostaxe de materia orgánica con composteiros
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Documentación acreditativa da utilización de composteiros.
Empresas ou establecementos comerciais con sistema de xestión medioambiental
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado do auditor autorizado da implantación dun sistema de xestión medioambiental, ben a través dunha ISO 14000 ou dun sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais.
Empresas cunha contribución destacada ás políticas ambientais en materia de residuos
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Documentación acreditativa da contribución por parte do solicitante ás políticas ambientais en materia de residuos.

EXENCIÓNS

1.-
- AUGA
- SANEAMENTO
- LIXO
Contribuíntes con ingresos anuais da unidade familiar non superiores ao IPREM

  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Documentación acreditativa de todos os ingresos da unidade familiar.
Mulleres embarazadas soas ou integradas en familias con risco de exclusión social ou especiais dificultades para responsabilidades parentais
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos establecidos.

Contribuíntes beneficiarios do RISGA

2.-
- LIXO

  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Resolución da administración correspondente acreditativa de que o solicitante é beneficiario da Renda de Inserción Social de Galicia.

Notas para o cidadán

Normativa reguladora:
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
  • Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
  • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Normativa municipal reguladora:

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Atención ao Contribuínte

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: