Declaracións catastrais

Descrición

Declaran ao Concello de Santiago a variación dos datos catastrais, nos casos de:
  • Baixas, cotitularidades, inscrición de trasteiras e garaxes (solicitude catastral).
  • Agregación, agrupación, segregación ou división de bens inmobles.
  • Cambio de cultivo ou aproveitamento, cambio de uso ou derrubamento de bens inmobles.
  • Nova construción, ampliación, reforma ou rehabilitación.
  • Alteración de titular, variación da cota de participación.

Dirixido a

  • Os titulares do dereito de propiedade, de usufructo, de superficie ou concesión administrativa. Cando sexan varios titulares os obrigados a declarar un mesmo feito, acto ou negocio, entenderase cumprida por todos cando un deles cumpra con esta obriga.
  • No caso de solicitudes catastrais (baixas, cotitularidades, inscrición de trasteiras e garaxes), asemade, poderán realizar a solicitude:
    - O titular do uso e disfrute exclusivo dunha trasteira ou praza de estacionamento en proindiviso, adquirido antes do 25 de abril de 2006.
    - O cotitular que teña adquirido o seu dereito con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005.

Requirimentos

Os que figuran nas instruccións particulares de cada impreso.

Documentación necesaria

A que figura nas instruccións particulares de cada impreso.
Os documentos presentaránse mediante copia compulsada ou con orixinal e copia para que se realice a compulsa no momento da presentación.
A documentación gráfica pode presentarse en formato DXF, DGN, DWG ou semellante.

Notas para o cidadán

Prazo de presentación: ver, en cada caso, a data do comezo do prazo.

Normativa reguladora:
- Real decreto lexislativo 1/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei de catastro urbanístico.
- Real decreto 417/2006, de 16 de abril, polo que se desenvolve o texto refundido da lei de catastro inmobiliario.
- Orde EHA/3482/2006, de19 de outubro, pola que se aproban os modelos de declaración de alteracións catastrais dos bens inmobles. e se determina a información gráfica e alfanumérica necesaria para a tramitación de determinadas comunicacións catastrais.

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Atención ao Contribuínte

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: