Solicitude de compensación de débedas

Descrición

O obrigado tributario pode solicitar a compensación de débedas tributarias co Concello de Santiago de Compostela cando exista un crédito ao seu favor neste Concello.

Dirixido a

Calquera persoa física ou xurídica que teña un crédito recoñecido polo Concello e unha deuda coa facenda municipal.

Documentación necesaria

- Solicitude de compensación de débeda.
- Copia dos documentos nos que se reflictan as débedas.
- Copia dos documentos nos que se reflictan os créditos.

Notas para o cidadán

A presentación da solicitude de compensación en período voluntario impedirá o inicio do período executivo da débeda concorrente co crédito ofrecido, pero non o devengo dos xuros de demora que poida proceder, de ser o caso, ata a data de recoñecemento do crédito.

A extinción da débeda tributaria producirase no momento da presentación da solicitude ou cando se cumpran os requisitos esixidos para as débedas e os créditos, se ese momento fose posterior á dita presentación. O acordo de compensación declarará a extinción da débeda.

Se o importe da débeda é superior ao do crédito, deberá realizarse o ingreso da parte restante. Se o crédito é superior ingresaráselle a diferencia na conta indicada no documento que xustifique o crédito.

Se o Concello comproba a inexistencia do crédito ofrecido ou, para o caso dun crédito por devolución tributaria, comproba que non existe solicitude de devolución, a Administración considerará como non presentada a solicitude de compensación e arquivaráa sen máis trámites.

Normativa municipal reguladora:
-Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Atención ao Contribuínte

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: