Devolución de ingresos

Descrición

Este trámite realizase para recoñecer o dereito e practicar a devolución dos ingresos realizados indebidamente no Concello de Santiago con ocasión do cumprimento de obrigas tributarias ou pagos de sancións.

Dirixido a

Poden solicitala os obrigados tributarios, os suxeitos infractores e os seus sucesores.

Requirimentos

Cando o solicitante considere que ten dereito á devolución dos ingresos que teña realizado por mor do cumprimento das obrigas tributarias ou de pagamento de sancións nos seguintes supostos e sempre que achegue a acreditación documental correspondente:

a. Devolución derivada da normativa do tributo: cando se teña ingresado correctamente como consecuencia da aplicación do tributo un importe superior ao que resulta procedente
a.1. Prorrateo da débeda: por exemplo,a autoliquidación ou recibo do imposto de vehículos de tracción mecánica ou do imposto sobre actividades por un período anual no suposto de que o vehículo ou actividade cause baixa ao longo do ano, o que da dereito ao prorrateo da cota tributaria, sempre que se acredite documentalmente a baixa
a.2. Outros supostos establecidos na normativa

b.Devolución de ingresos indebidos
b.1. Pago duplicado:
- Cando se teñan pagado distintos recibos, liquidacións ou autoliquidacións polo mesmo feito impoñible e o mesmo período.
- Cando se teñan pagado dúas veces o mesmo recibo, liquidación ou autoliquidación

b.2. Pago excedido: Cando se teña pagado un importe superior ao do recibo, liquidación ou autoliquidación

b.3. Pago de débeda prescrita: Cando se teñan pagado recibos ou liquidacións prescritos

b.4 Pago de débedas anuladas: Cando se teña anulado o recibo, liquidación ou autoliquidación por resolución administrativa, económico-administrativa ou xudicial, e se achegue a resolución.

b.5 Outros supostos establecidos na normativa

Documentación necesaria

1. Deberase achegar a seguinte documentación segundo proceda:
  • Resolución administrativa, económico administrativa ou xudicial de anulación
  • Documento de baixa que xustifique o pago excedido
  • Outra documentación

  • 2. Ademais:
    • No suposto de que o medio de pago elixido sexa a transferencia bancaria: Acreditación da titularidade da conta bancaria para o caso de ausencia do certificado da entidade financieira.
    • Para as solicitudes realizadas por sucesores: Acreditación do dereito á devolución, isto é, da condición de sucesor

    Notas para o cidadán

    Prazo de presentación:
      As solicitudes de devolución presentaranse no prazo de catro anos, contados dende:
    • o día seguinte a aquel no que se realizou o ingreso indebido, ou
    • o día seguinte a aquel no que rematou o prazo para presentar a autoliquidación se o ingreso indebido se fixo nese prazo, ou
    • o día seguinte á data na que adquiriu firmeza a sentenza ou resolución administrativa que declara improcedente o acto impugnado.
      Normativa reguladora:
    • Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
    • Real Decreto 520/2005, de 13 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de desenvolvemento da lei 58/2003, en materia de revisión de actos en vía administrativa.
    • Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
    • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

    Ordenanzas fiscais municipais:
    -Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público

    Solicítase en

    Oficina de Atención ao Contribuínte
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
    Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
    Fax.: 981 542 381
    Correo: Contactar co Concello
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
    Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

    Preséntase en

    Tramítase en

    Atención ao contribuínte

    Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: