Declaración do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana (Plusvalías)

Descrición

Declaración da realización do feito impoñible do imposto sobre o incremento dos terreos de natureza urbana.

Os donantes, adquirentes, as persoas que constitúan ou transmitan un dereito real e as persoas a cuxo favor se constitúa ou transmita un dereito real sobre un inmoble que se transmite. Tamén son declarantes os que teñan a obriga legal de declarar aos efectos do cumprimento do artigo 110 do Texto refundido da lei de facendas locais.

Dirixido a

O obrigado ao pagamento será:
  • Nas transmisións inter vivos a título oneroso, o suxeito pasivo será sempre o transmitente, con independencia de calquera pacto estipulado na escritura pública.
  • Nas transmisións inter vivos a título gratuíto, o suxeito pasivo será sempre o adquirente, con independencia de calquera pacto estipulado na escritura pública.
  • Nas transmisións mortis causa, o suxeito pasivo é o herdeiro, legatario ou a comunidade de herdeiros.
  • Substituto do contribuínte: nas transmisións a título oneroso, se o transmitente é unha persoa física non residente en España, o adquirente é o substituto do contribuínte.

Requirimentos

O plazo para presentar a declaración será:
  • Cando se trate de actos inter vivos, trinta días desde a data de transmisión da propiedade do terreno ou da constitución ou transmisión de calqueira dereito real de goce limitativo do dominio sobre o terreno.
  • Cando se trate de actos mortis causa, seis meses prorrogables a un ano a solicitude do suxeito pasivo, desde a data de transmisión da propiedade do terreno ou da constitución ou transmisión de calqueira dereito real de goce limitativo do dominio sobre o terreno.

Documentación necesaria

Transmisión inter vivos
  • Escritura da transmisión
  • Documento no que conste a data da transmisión anterior, só no caso de que non figure na escritura pública
  • Recibo do IBI, só no caso de non cubrir o apartado de referencia catastral
  • Anexo 2.- Relación de bens inmobles, só no caso de transmisión de máis dun inmoble

Transmisión mortis causa
  • Certificado de defunción
  • Testamento ou declaración de herdeiros
  • Certificado da última vontade do causante
  • Documento no que conste a data da transmisión anterior, só no caso de que non figure no testamento ou declaración de herdeiros
  • Recibo do IBI, só no caso de non cubrir o apartado de referencia catastral
  • Anexo 1 .- Listaxe de sucesores
  • Anexo 2.- Relación de bens inmobles, só no caso de transmisión de máis dun inmoble.

    Notas para o cidadán

    Normativa reguladora:

    Solicítase en

    Oficina de Atención ao Contribuínte
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
    Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
    Fax.: 981 542 381
    Correo: Contactar co Concello
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
    Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

    Preséntase en

    Tramítase en

    Atención ao Contribuínte

    Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: