Recurso administrativo

Descrición

Este trámite realizase para solicitar a revisión e obter a modificación, invalidación ou anulación dunha resolución administrativa relativa a un ingreso público municipal ou a un recibo, liquidación ou autoliquidación cando se estima que non son conformes a dereito.
Mediante este trámite, para o caso de que o solicitante tivera realizado o ingreso, pode designar o medio preferente para que a Administración devolva o ingreso no caso de estimar o recurso.

Dirixido a

Os obrigados tributarios e as persoas ás que o acto administrativo afecte nos seus intereses lexítimos e directos.

Documentación necesaria

  • En todos os casos: relación de documentos que se presentan e que xustifican os motivos do recurso presentado.
  • No caso de solicitar a suspensión da execución do acto recorrido: garantía.
  • No suposto de que o medio de pago elixido sexa a transferencia bancaria: acreditación da titularidade da conta bancaria para o caso de ausencia do certificado da entidade financeira.

Notas para o cidadán

Prazo de presentación: O recurso presentarase no prazo dun mes contado dende:
  • o día seguinte ao da notificación expresa da resolución administrativa relativ a un ingreso público municipal ou a un recibo, liquidación ou autoliquidación; ou
  • a finalización do período de exposición ao público do correspondente padrón de obrigados ao pago.

Normativa reguladora:
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
  • Real Decreto 520/2005, de 13 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de desenvolvemento da lei 58/2003, en materia de revisión de actos en vía administrativa.
  • Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
  • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Ordenanzas fiscais municipais:
  • Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Xestión tributaria, Recadación e Inspección. Atención ao Contribuínte

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: