Solicitude de certificado

Descrición

Supón a emisión, a solicitude do interesado, de certificados sobre os datos que constan nos padróns dos tributos municipais e sobre o cumprimento das obrigas tributarias.

Requirimentos

Pode obter o certificado:
1.- Presentando a solicitude na Oficina de Atención ao Contribuínte e achegando:
  • Documento de identidade do solicitante (DNI-NIF/CIF/NIE).
  • Acreditación da representación no caso de non ser o titular quen solicita o certificado
  • Xustificante da autoliquidación da taxa pola expedición de documento administrativo.

2.- A través da Carpeta Cidadá desta páxina web, seguindo as instruccións sinaladas no texto do trámite da Carpeta (Non precisa autoliquidación da taxa por expedición de documento administrativo).

Notas para o cidadán

Normativa reguladora:
  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico e procedemento administrativo común.
  • Real Decreto 1065/2007, de 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributarias
Ordenanzas fiscais municipais:

Solicítase en

  • Atención ao Contribuínte
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
    Tel.: 881 599 977 (de 8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
    Fax.: 981 542 381
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Para a atención presencial débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
  • Na Carpeta Cidadá

Preséntase en

Tramítase en

Atención ao Contribuínte

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: