Beneficios fiscais: no Imposto sobre construcións, instalacións e obras

Descrición

Solicitude de declaración de exención ou bonificación no imposto sobre construcións, instalacións e obras nos supostos legalmente establecidos.

Documentación necesaria

BONIFICACIÓNS
Actuacións de especial interese ou utilidade municipal
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Informe ou memoria motivadora do especial interese ou utilidade municipal.
Obras declaradas como vivendas de protección autonómica
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Cédula de cualificación provisional como vivenda de proteccion autonómica, emitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Obras de acondicionamento e adaptación necesarias para o acceso e habitabilidade das persoas discapacitadas
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificado do grao de discapacidade emitido pola Administración competente.
Construcións, instalacións ou obras con sistemas de aproveitamento de enerxía solar para autoconsumo
  • Proxecto técnico visado que acredite o cumprimento dos requisitos e que inclúa o orzamento de execución material con custes detallados
  • Estudo comparativo do orzamento de execución material total e parcial, no seu caso
  • Acreditación da concesión da licenza de obras, comunicación previa ou declaración responsable da obra
  • Acreditación de que as instalacións para produción de calor inclúan colectores homologados pola administración competente

EXENCIÓNS
Obras en inmobles da Igrexa católica e asociacións confesionais exentos do imposto sobre bens inmobles
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Documentación acreditativa da inscrición no Rexistro de entidades relixiosas.
  • Documentación acreditativa da titularidade do inmoble
    Documentación acreditativa de quen soporta os gastos das obras.
  • DNI/CIF do contratista.

Notas para o cidadán

Normativa reguladora:
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
  • Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
  • Acordo sobre asuntos económicos coa Santa Sede do 3 de xaneiro de 1979.
  • Orde do Ministerio de Facenda do 5 de xuño de 2001.
  • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Ordenanzas fiscais municipais:

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Xestión tributaria, Recadación e Inspección
Enderezo: Galeras, 5 -3º andar

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: