Beneficios fiscais: no Imposto sobre o aumento do valor dos terreos de natureza urbana

Descrición

Solicitude de declaración de exención ou bonificación no imposto sobre o aumento do valor de terreos de natureza urbana nos supostos legalmente establecidos de beneficios fiscais a instancia do interesado. Os supostos de beneficios fiscais de oficio con achega de documentación xustificativa atópanse no apartado así denominado.

Documentación necesaria

BONIFICACIÓNS

Transmisión de bens a título lucrativo por causa de morte a favor de ascendentes, descendentes ou cónxuxe/pactos sucesorios
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Libro de familia.
  • Documentación acreditativa da titularidade dos inmobles de natureza urbana propiedade do transmitente e da porcentaxe de titularidade dos devanditos bens.
  • Anexo 1 – Listaxe de beneficiarios.
  • Anexo 2 – Relación de obxectos tributarios situados no termo municipal de Santiago de Compostela, no suposto de que se transmita máis dun inmoble, con indicación do valor catastral do solo de cada un deles.
  • Anexo 3 - Relación asinada de inmobles urbanos titularidade do transmitente no momento do falecemento/transmisión situados no territorio nacional e fóra do termo municipal de Santiago de Compostela, con indicación do valor catastral do solo de cada un deles.
No caso de falecemento deberá achegar ademais:
  • Certificado de defunción.
  • Testamento ou declaración de herdeiros.
  • Certificado de última vontade do causante.
EXENCIÓNS

Transmisión de bens situados no conxunto histórico artístico ou que teñan sido declarados de interese cultural
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Licenza de obras.
  • Certificado final de obras.
  • Escritura pública da transmisión.
  • Documento no que conste a data de adquisición do inmoble.
Transmisión de bens de entidades sen fins de lucro (ver instruccións particulares)
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Estatutos da entidade.
  • Certificado de inscrición no Rexistro de Entidades Relixiosas ou Rexistro oficial correspondente.
  • Declaración xurada de que a actividade non é allea ao obxecto ou finalidade estatutaria.
  • Declaración xurada de destinar a fins de interese xeral alomenos o 70% dos ingresos.
  • Certificado da AEAT de comunicación da opción polo réxime fiscal especial.
  • Certificado de acreditación da actividade á que está afecto o inmoble e de permanencia de dita actividade con posterioridade á transmisión.
  • Declaración xurada de que se cumpren as obrigas contables e de rendición de contas.
  • Memoria económica ou compromiso de elaboración anual.
  • Declaración de utilidade pública.
Transmisións de inmobles de vivendas habituais de persoas físicas por dación en pago
  • Fotocopia do documento de identidade
  • Declaración xurada de que ningún membro da unidade familiar dispón de bens e dereitos suficientes para satisfacer a totalidade da débeda hipotecaria.

Notas para o cidadán

Normativa reguladora:
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
  • Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
  • Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo.
  • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Ordenanzas fiscais municipais:

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Xestión tributaria, Recadación e Inspección
Enderezo: Galeras, 5 -3º andar

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: