Beneficios fiscais: no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Descrición

Solicitude de declaración de exención ou bonificación no imposto sobre vehículos de tracción mecánica nos supostos legalmente establecidos de beneficios fiscais a instancia do interesado. Os supostos de beneficios fiscais de oficio con achega de documentación xustificativa atópanse no apartado así denominado.

Documentación necesaria

BONIFICACIÓNS:

Vehículos eléctricos de batería, eléctricos enchufables ou eléctricos de autonomía estendida

Vehículos de gas licuado de petróleo, gas natural comprimido, gas natural licuado, hidróxeno, biometano, etanol ou biodiesel

Vehículos eléctricos híbridos

EXENCIÓNS:

Vehículos para persoas de mobilidade reducida
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Ficha técnica do vehículo.
  • Permiso de circulación.
  • Certificado do grao de discapacidade emitido pola Administración competente.
Vehículos matriculados a nome de persoas con discapacidade para o seu uso exclusivo
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Ficha técnica do vehículo.
  • Permiso de circulación.
  • Certificado do grao de discapacidade emitido pola Administración competente.
  • Declaración xurada do titular con discapacidade de que o vehículo é para o seu uso exclusivo.
Tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos de cartilla de inspección agrícola
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Ficha técnica do vehículo.
  • Permiso de circulación.
  • Cartilla de inspección agrícola.

Notas para o cidadán

Normativa reguladora:
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
  • Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
  • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Ordenanzas fiscais municipais:

Solicítase en

Oficina de Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax.: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

Preséntase en

Tramítase en

Xestión tributaria, Recadación e Inspección
Enderezo: Galeras, 5 -3º andar

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: