Beneficios fiscais: no Imposto sobre bens inmobles

Descrición

Solicitude de declaración de exención ou bonificación no imposto sobre bens inmobles nos supostos legalmente establecidos de beneficios fiscais a instancia do interesado.
Os supostos de beneficios fiscais de oficio con achega de documentación xustificativa atópanse no apartado así denominado.

Documentación necesaria

BONIFICACIÓNS

Inmobles obxecto da actividade de empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria que non figuren como bens inmobilizados desas empresas
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Estatutos da sociedade.
  • Certificación do administrador da sociedade acreditativa de que o inmoble non forma parte do inmobilizado.
Vivendas que teñan a condición de residencia habitual dunha familia numerosa
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Título oficial de familia numerosa.
  • Autorización de acceso aos datos fiscais declarados á AEAT dos integrantes da unidade familiar maiores de 18 anos (ANEXO I)
  • Certificado-s do grao de discapacidade emitido pola Administración competente, no caso dalgún integrante con discapacidade superior ao 33%
Vivendas de protección autonómica
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Cédula de cualificación definitiva como vivenda de protección autonómica.
  • Documentación acreditativa da titularidade da vivenda.
Bens rústicos de cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificación acreditativa da condición que se alega.
  • Identificación documental e gráfica das parcelas afectadas.
Inmobles de organismos públicos de investigación e os destinados á ensinanza universitaria
  • Fotocopia do documento de identidade.
  • Certificación acreditativa da condición que se alega.
Inmobles con aproveitamento da enerxía solar para autoconsumo
  • Proxecto técnico ou memoria técnica
  • Certificado de montaxe, no seu caso, e certificado da instalación dilixenciado
  • Especificacións técnicas dos sistemas instalados
  • Acreditación da concesión de licenza, comunicación previa ou declaración responsable
  • Certificado final de obras, no seu caso
  • Copia da carta de pago ou número de liquidación da taxa pola licenza de obras e polo imposto sobre construccións, instalacións e obras.
Inmobles con certificado coa máis alta cualificación enerxética
  • Acreditación da concesión de licenza, comunicación previa ou declaración responsable
  • Copia da carta de pago ou número de liquidación da taxa pola licenza de obras e polo imposto sobre construccións, instalacións e obras
  • Certificado de eficiencia enerxética rexistrado
Inmobles con desenvolvemento exclusivo de actividades gandeiras declaradas de especial interese ou utilidade municipal
  • Certificado de non ter débedas coa Facenda estatal e autonómica, nin coa Seguridade Social
  • Xustificante do recoñecemento de explotación ou licenza de actividade
  • Compromiso de non peche da explotación nun período de tres anos

  • EXENCIÓNS

    Centros docentes con concerto educativo
    • Fotocopia do documento de identidade.
    • Acreditación da cualidade de centro concertado.
    • Informe de Catastro sobre a superficie e valor catastral das superficies adscritas á actividade educativa.
    Inmobles declarados de interese cultural
    • Fotocopia do documento de identidade.
    • Declaración do inmoble como ben de interese cultural
    Inmobles de entidades sen fins de lucro (ver instruccións particulares)
    • Fotocopia do documento de identidade.
    • Estatutos da entidade.
    • Certificado de inscrición no Rexistro de Entidades Relixiosas ou Rexistro oficial correspondente.
    • Declaración xurada de que a actividade non é allea ao obxecto ou finalidade estatutaria.
    • Declaración xurada de destinar a fins de interese xeral alomenos o 70% dos ingresos.
    • Certificado da AEAT de comunicación da opción polo réxime fiscal especial.
    • Declaración xurada de que se cumpren as obrigas contables e de rendición de contas.
    • Memoria económica ou compromiso de elaboración anual.
      Declaración de utilidade pública.
    • Declaración censal presentada na AEAT pola que se comunica a opción da entidade polo réxime fiscal especial previsto no Título II da Lei 49/2002.
    Montes repoboados ou con rexeneración de masas arbóreas
    • Fotocopia do documento de identidade.
    • Certificación da Dirección Xeral de Montes.

    Notas para o cidadán

    Normativa reguladora:
    • Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
    • Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo, que aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos.
    • Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo.
    • Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
    Ordenanzas fiscais municipais:

    Solicítase en

    Oficina de Atención ao Contribuínte
    Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo.
    Tel.: 881 599 977 (de (8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
    Fax.: 981 542 381
    Correo: Contactar co Concello
    Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. Este trámite pode requerir cita previa, neste caso, débese empregar o sistema de cita previa chamando ao teléfono 881 599 977 / 981 542 384 ou na web do Concello de Santiago, no sitio Cita previa
    Horario especial de atención ao público do 20 de xuño ao 10 de setembro:de 9:00 a 13:30 h.

    Preséntase en

    Tramítase en

    Xestión tributaria, Recadación e Inspección
    Enderezo: Galeras, 5 -3º andar

    Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



    Compartir: