Presentación

Cartel Xornadas Traballo digno, no fogar e nos coidados

A Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo puxo en marcha a campaña Traballo digno, no fogar e nos coidados, para visibilizar e investigar sobre a realidade de discriminación e vulneración na que se atopan as mulleres que traballan en emprego do fogar e en coidados.

A intención desta campaña é a de dar visibilidade ás condicións do traballo no fogar na cidade e de acompañamento inicial ás mulleres interesadas no artellamento dun proceso de apoderamento colectivo, buscando alternativas e respostas para a mellora das súas condicións de traballo.

O obxectivo pasa por explorar posibles vías de resposta institucional e social para contribuír á mellora das condicións do emprego do fogar e dos coidados.

No marco desta campaña organízanse as xornadas tituladas "Traballo digno no fogar e nos coidados: situación, perspectivas e retos para a xustiza social", na que se debaterán aspectos como a desigualdade de xénero e a inxustiza social nos traballos de coidados e se fará un alegación á corresponsabilidade.

A inscrición pode realizarse a través deste formulario online.
Compartir: