Presentación

O xoves 29 de novembro de 2018, no salón de actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (Praza de Mazarelos,s/n), terá lugar a xornada ABORDAXE DO SENFOGARISMO EN COMPOSTELA: Estado de situación e plans de acción organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago de Compostela e a Mesa de traballo para o estudo da situación das persoas sen teito–transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela.

Continuando coa filosofía das anteriores edicións, nesta xornada amosaranse experiencias galegas e estatais sobre recursos específicos destinados ás persoas sen fogar. Nesta ocasión poñendo o foco na vivenda e dende unha perspectiva multisectorial, da man de responsables e persoal técnico de diversas entidades.

O público destinatario serán colexios profesionais, estudantado, profesionais e persoal voluntario de institucións e iniciativas relacionadas coa atención a persoas sen fogar, así como calquera persoa interesada nesta cuestión.


Compartir: