Presentación

O vindeiro día 10 de novembro de 2017, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avda de Castelao, s/n. Campus norte), terá lugar a Segunda xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela: recursos específicos, organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago de Compostela e a Mesa de traballo para o estudo da situación das persoas sen teito–transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela.

Continuando coa filosofía da primeira edición, nesta segunda xornada amosaranse experiencias galegas, estatais e internacionais sobre recursos específicos destinados ás persoas sen fogar, explicados por responsables e persoal técnico de diversas entidades.

O público destinatario serán profesionais e persoal voluntario de institucións e iniciativas relacionadas coa atención a persoas sen fogar, así como estudantes do eido social e comunitario.

Se queres saber máis sobre os contidos da xornada de 2016, podes ler a memoria da I Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela.
Compartir: