MEDIO AMBIENTE

Case lista a árbore de Nadal do Obradoiro

Vista xeral dos traballos.
12/12/2012

A tradicional árbore de Nadal da praza do Obradoiro estará lista o vindeiro xoves, 13 de decembro. Un ano máis, o Concello utiliza unha árbore natural, que logo regresará ao seu lugar orixinal. Do mesmo xeito, o Departamento de Parques e Xardíns recollerá os árbores de Nadal para recuperalas no Viveiro municipal e logo replantalas.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Publicados os listados de preinscritos no programa de conciliación de Vive o Nadal

12/12/2012

A Concellaría de Centros Socioculturais oferta un ano máis un programa educativo de tempo libre para as datas das vacacións escolares de Nadal. Realizarase nas mañás dos días 26,27,28 de decembro e 2,3 e 4 de xaneiro, con horario de conciliación para as familias compostelás. Xa pode consultarse o listado de preinscritos en cada campamento.

Leer más

CULTURA

Máis de 30 propostas na programación cultural do Concello para este Nadal

11/12/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do Departamento de Cultura para este Nadal. Música clásica no Auditorio e unha nova edición do Todo Lírica; concertos de Compostela Rock, Íntimo&Acústico e Sons; dous espectáculos de Falabaratos; dous de Teatro&Danza e un apartado especial Infantil&Familiar, conforman esta programación pensada para satisfacer ao público de todas as idades e de todos...

Leer más

COMERCIO

#nadalamos convida a composteláns e visitantes a gozar das festas na cidade

10/12/2012

O Concello de Santiago quere que os composteláns e os visitantes podan gozar das festas na cidade cun amplo programa de actividades, englobadas baixo o novo concepto #nadalamos. Non obstante, #nadalamos vai máis alá dun conxunto de actividades xa que pretende transmitir múltiples sensacións: ilusionar, felicitar, compartir, decorar, agasallar, degustar, cantar, sorprender, participar; en síntese, nadalar.

Leer más

FESTAS

Máis alumeado de Nadal a menor prezo

05/12/2012

A Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato de iluminación pública de Nadal, que este ano chegará por primeira vez ao rural e tamén a máis rúas da cidade. Está previsto que o alumeado poida acenderse dous ou tres días antes do inicialmente previsto, o 21 de decembro.

Leer más
Compartir: