Boletín Nº 191. MiÉrcoles, 20 de agosto de 2008
Xestión do servizo da escola infantil municipal de
Fontiñas
RESOLUCIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
POLA QUE SE ANUNCIA O CONCURSO QUE SE CITA
OBXECTO DO CONTRATO:
Xestión do Servizo da Escola Infantíl municipal de FONTIÑAS.
REFERENCIA DO
EXPEDIENTE: CON/13/2008.
TIPO DE LICITACIÓN: Os
gastos da escola financiaranse a través do canon que o Concello aboará ó
concesionario, que supón un máximo anual de 204.020’22 euros, importe sobre o
que os licitadores ofertarán a baixa que estimen oportuna, e a través das
tarifas que propoñan cobrar ós alumnos, sen exceder as establecidas na normativa
autonómica vixente.
PRAZO DE EXECUCIÓN: A
duración do contrato será de 4 anos, prorrogables por outros 4 anos mais.
ADXUDICACIÓN:
Procedemento Aberto.
PROPOSICIÓNS: Os
licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello de
Santiago de Compostela (R/ Presidente Salvador Allende nº 4, CP 15705 Santiago),
entre as 9.00 e as 14.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, a contar
desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da
provincia da Coruña.
DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN:
Concello de Santiago. (Sección de Contratación) Tfno.: 981 54 30 33. Fax:
981 54 23 04. Correo electrónico: plopezb@santiagodecompostela.org. Perfil de
contratante:
(http://www.santiagodecompostela.org/esantiago/contratacions.php?lg=gal)
CRITERIOS DE
ADXUDICACIÓN: Son os sinalados no artigo 10.3 do prego de cláusulas
administrativas.
GARANTÍA DEFINITIVA:
6.010’12 euros.
APERTURA DE PLICAS: A
data de apertura do sobre que contén a proposición económica, que terá lugar en
acto público no Departamento de Contratación (R/ Presidente Salvador Allende nº
6-8), anunciarase no Perfil de contratante cunha antelación mínima de 3 días
hábiles á súa celebración.
GASTOS DE ANUNCIOS: O
gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do
adxudicatario.
Santiago de Compostela, 08 de agosto de
2008.
O ALCALDE,
Asdo.: José A. Sánchez Bugallo
Reg. 08/10053-0