Boletín Nº 191. MiÉrcoles, 20 de agosto de 2008
Anuncio  Pág. 10025  Reg. 08/10054-0.
Xestión do servizo da escola infantil municipal de Conxo
RESOLUCIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA POLA QUE SE ANUNCIA O CONCURSO QUE SE CITA
OBXECTO DO CONTRATO: Xestión do Servizo da Escola Infantíl municipal de CONXO.
REFERENCIA DO EXPEDIENTE: CON/2/2008.
TIPO DE LICITACIÓN: Os gastos da escola financiaranse a través do canon que o Concello aboará ó concesionario, que supón un máximo anual de 209.938’77 euros, importe sobre o que os licitadores ofertarán a baixa que estimen oportuna, e a través das tarifas que propoñan cobrar ós alumnos, sen exceder as establecidas na normativa autonómica vixente.
PRAZO DE EXECUCIÓN: A duración do contrato será de 4 anos, prorrogables por outros 4 anos mais.
ADXUDICACIÓN: Procedemento Aberto.
PROPOSICIÓNS: Os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (R/ Presidente Salvador Allende nº 4, CP 15705 Santiago), entre as 9.00 e as 14.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña.
DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: Concello de Santiago. (Sección de Contratación) Tfno.: 981 54 30 33. Fax: 981 54 23 04. Correo electrónico: plopezb@santiagodecompostela.org. Perfil de contratante: (http://www.santiagodecompostela.org/esantiago/contratacions.php?lg=gal)
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: Son os sinalados no artigo 10.3 do prego de cláusulas administrativas.
GARANTÍA DEFINITIVA: 6.010’12 euros.
APERTURA DE PLICAS: A data de apertura do sobre que contén a proposición económica, que terá lugar en acto público no Departamento de Contratación (R/ Presidente Salvador Allende nº 6-8), anunciarase no Perfil de contratante cunha antelación mínima de 3 días hábiles á súa celebración.
GASTOS DE ANUNCIOS: O gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 08 de agosto de 2008.
O ALCALDE,
Asdo.: José A. Sánchez Bugallo
Reg. 08/10054-0