Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de abril

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións extraordinarias dos días 12 e 17 e ordinaria do día 25, todas do mes de marzo do corrente ano.
2.- Aprobación inicial do expediente de crédito extraordinario número 2021-CREXT-02 por importe de 50.000,00 euros.
3.- Aprobación inicial do expediente de suplemento de crédito número 2021-SUPLE-01 por importe de 370.013,86 euros.
4.- Aprobación inicial dos expedientes de crédito extraordinario número 2021-CREXT-03 por importe de 1.554.000 euros e de suplemento de crédito número 2021-SUPLE-02 por importe de 1.304.000 euros.
5.- Aprobación da corrección de erro material no expediente de aprobación inicial do orzamento xeral do concello e cadro de persoal para o ano 2021.
6.- Resolución de alegación e aprobación definitiva do orzamento e cadro de persoal do concello para o ano 2021.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para a peonalización da Praza e Arco de Mazarelos e habilitación dunha zona de estacionamento de alta rotación para o mercado de abastos.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para que a futura sede do Imelga se constrúa contando con consenso veciñal e nunha zona non residencial de Santiago.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG sobre o día das letras galegas e a recuperación do convenio da biblioteca Compostela para a tradución de obras á lingua galega.
10.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para mellorar a calidade de emprego en Santiago de Compostela e frear a emigración xuvenil.
11.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a loita contra as pintadas e a regulación da arte urbana.
12.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para actuacións de urxencia na Alameda e para elaborar un plan director para o seu coidado e mantemento futuros.
13.- Dar conta da resolución de liquidación do orzamento correspondente ao ano 2020.
14.- Dar conta de informe de intervención xeral en relación aos resultados obtidos no control das contas a xustificar e anticipos de caixa fixa. Exercicio económico de 2020. Pagamentos realizados nos anos 2015 a 2018 mediante débito directo en contas bancarias de titularidade municipal sen xustificación.
15.- Dar conta de informe anual de intervención municipal de resolucións adoptadas contrarias aos reparos, resume das anomalías detectadas en materia de ingresos e expedientes de omisión da función interventora.
16.- Dar conta do informe de intervención relativo á avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria.
17.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
18.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelacións:
1.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a pasarela que conecte a Praza do Matadoiro e o Parque de Belvís.
2.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a paralización da decisión de construción do IMELGA nas Fontiñas.
Rogos:
1.- Presentado polo grupo municipal do BNG para mellorar a regulación do tráfico no colexio San Jorge.
2.- Presentado polo grupo municipal do BNG para instalar un espello que facilite o tránsito no cruce entre as rúas da Raxeira e Outeiro de Sar.
3.- Presentado polo grupo municipal do BNG para mellorar o servizo de transporte na Almáciga.
4.- Presentado polo grupo municipal de CA para que se contraten grupos musicais e artistas locais nas festas de Santiago.
5.- Presentado polo grupo municipal de CA para mantemento de atención presencial nos aparcadoiros públicos.
6.- Presentado polo grupo municipal do PP para o cumprimento do período medio de pagamento e actualización dos seus índices.
7.- Presentado polo grupo municipal do PP para a ordenación, indexación e albergue propio das videoactas plenarias.
8.- Presentado polo grupo municipal do PP para a supervisión e actuacións de mellora nas escaleiras públicas.
9.- Presentado polo grupo municipal de CA sobre a mellora da seguridade viaria e a convivencia no barrio de Sar.
Preguntas resposta oral:
1.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a reurbanización da Calzada de Sar.
2.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a designación da estación intermodal co nome de "Daniel Castelao".
3.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a casa das mulleres Xohana Torres.
4.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre o programa de conciliación verán 2021.
5.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a xestión das axudas sociais.
6.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre as axudas para a mellora paisaxística.
7.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a situación do servizo municipal de extinción de incendios.
8.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre os accesos a estación intermodal.
9.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a casa da xuventude.
Preguntas resposta escrita:
1.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre obras na Avda. de Salamanca.
2.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre os traballadores de TUSSA.
3.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre espazos de estudo.
19.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada por CA para a recuperación do servizo de pediatría no centro de saúde de Conxo.
2.- Presentada por CA para consensuar co colectivo de artesáns e artistas de rúa unha regulación non excluínte coa artesanía e as artes de rúa.
3.- Presentada por CA para que o concello cumpra o acordo adoptado en xunta de portavoces do día 23 de marzo sobre axudas directas ao comercio e hostalería.
4.- Presentada polo BNG para a dotación de servizos básicos no lugar da Curuxeira-Conxo.
5.- Presentada polo BNG para manter a categoría do aeroporto Santiago-Rosalía de Castro coas medidas de seguranza aeronáutica que lle corresponden durante as 24 horas diarias.
6.- Presentada polo PP para atender as demandas de melloras no lugar da Curuxeira-Conxo.
7.- Presentada polo BNG para ampliar o conservatorio coa dotación de persoal necesario para atender a demanda existente e impartir novas especialidades.
8.- Presentada polo BNG sobre o futuro do sector financeiro en Galiza.
9.- Presentada por CA para que o concello apoie a música ao vivo e a cultura segura.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

20.30 h
No Teatro Principal, Marta Alonso Tejada presenta ‘Bailar Agora’, espectáculo de danza dentro de ‘Viva a escena!’, programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: