Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 29 de abril

10.30 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coas asociación de comerciantes de Santiago para falar sobre a iniciativa Prima 22

11:30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de Compostela Aberta sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13:30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Educación, Rubén Prol, asisten ao acto de autorización de uso do centro municipal da Portela de Figueiras á asociación Itínera (voluntarios en saúde mental para actividades formativas para persoas con discapacidade), en presenza da súa presidenta, Asunción Soneira.

19:00 h
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste ao acto institucional da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Austria: ida e volta’, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Javier Perianes, director e pianista. Dentro do Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia e do ciclo de piano Ángel Brage.

20.30 h
No Teatro Principal, Daniel Abreu presenta ‘El hijo', dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: