Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 20 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Políticas Sociais, Mila Castro, e de Deporte, Esther Pedrosa, para presentar a campaña "Doar é doado" sobre a promoción da doazón de órganos que realiza Alcer Coruña. Na rolda tamén estará Alfredo Saborido, coordinador da asociación.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e de Fran Rodríguez Casal, para presentar a intervención ‘Da túa man para a miña’, seleccionada na modalidade de proxectos de creación artística para a Zona C e que se inaugura esta mesma tarde.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; da alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez Travieso; do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara; e da tenenta de alcalde, Paula Rodríguez Domínguez, para presentar a 59 edición da Feira do Viño do Ribeiro.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta María Rozas sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
Na Zona C, inauguración de 'Da túa man para a miña’ de Fran Rodríguez Casal, seleccionada na modalidade de proxectos de creación artística para este espazo. Participan o autor, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López. Coa actuación da cantautora galega Su Garrido Pombo.

20.00 h
Nos cines Callao (Madrid), o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste ao pase benéfico da serie documental "El Camino Interior".

Compartir: