Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 23 de febreiro

Día de Rosalía
10.00 h
No Carballo de Conxo, alborada a Rosalía coa participación de Uxía. Asiste o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.
11.00 h
Na Praza de Vigo, alborada e ofrenda floral a Rosalía de Castro. Asisten o alcalde e a a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.
12.00 h
Na Capela do Hostal dos Reis Católicos, acto institucional do Día de Rosalía (organizado pola Fundación Rosalía) Asiste a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.
De 10.30 a 13.30 h
Praza do Toural, agasallo dun libro e unha rosa

11.30 h
No Hotel San Francisco (Salón Monumental), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico.
(SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota de prensa)

19.00 h
No Museo do Pobo Galego (salón de actos), presentación do libro "Castelao. Construtor da nación" (tomo II 1931-1939 e tomo III 1940-1950). Asisten: Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade; Miguel Anxo Seixas Seoane, autor da publicación; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Francisco Castro, director da Editorial Galaxia; Xusto Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste gala de entrega dos Premios Serenidade.

Compartir: