Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de marzo

Cidades Patrimonio
12.00 h
En San Cristóbal de La Laguna, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na reunión da Comisión de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
13.30 h
Participa na recepción por parte do presidente do Cabido de Tenerife, Pedro Martín Domínguez.
14.30 h
Recepción por parte do alcalde de La Laguna, Luis Yeray Gutiérrez Pérez.
17.00 h
O alcalde asiste á Comisión executiva do Grupo, previa á Asemblea que se celebra o sábado.
18.00 h
Recepción por parte do presidente do Goberno de Canarias, Ángel Víctor Torres.

-------

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, para dar conta das actuacións executadas polo seu departamento nos últimos meses e das que se están executando.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Bodeguilla de San Lázaro, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, asisten á inauguración das Rutas Revera Vinum Compostela.

20.00 h
No Teatro Principal, ’Tres poetas para a eternidade’, recital con Miren Agur Meabe, María Callís Cabrera e Ana Romaní. Dentro do ALGUÉN QUE RESPIRA! V Festival de Poesía para Corpo Principal.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Pentación presenta ‘El abrazo’, de Magüi Mira; con María Galiana, Juan Meseguer e Jimmy Roca. Dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: