Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 26 de marzo

19.30 h
En NUMAX, a sesión ‘A pegada do órgano no cinema’ inclúe a proxección do filme Organ (O Órgano, Štefan Uher, 1965) seguida dunha conversa para contextualizar a película e achegar as claves que permitan entender a conexión do filme co mundo do órgano.
Ao abeiro do ciclo ‘De Lugares e Órganos’, a sesión conta co apoio do Instituto Eslovaco da Cinematografía e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Asiste a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Compartir: