Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 20 de marzo

9.30 h
No Salón Nobre, recepción ao alumnado de 5º de educación primaria, de Santa María da Feira e do CEIP Monte dos Postes que participan no programa "Intercambios escolares. Vivir nos municipios do Eixo Atlántico".

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00013697N.
Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 29 de febreiro de 2024.
2. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2024/00001331C.
Aprobación definitiva do Orzamento Xeral do Concello de Santiago de Compostela e o seu Cadro de persoal para o exercicio 2024.
3. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao centro de atención polivalente e interxeracional de Compostela.
4. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á extensión da zona ORA ás rúas de Santa Marta para mellorar a mobilidade na contorna do CHUS.
5. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para desenvolver un plan municipal de saúde mental.
6. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para solicitar que Santiago de Compostela se postule para ser a sede da convención Turespaña 2025.
7. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00013697N.
Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
8. Rogos, preguntas e interpelacións.
Rogos:
1. Formulado polo PSdeG-PSOE relativo ao perigo de derruba do muro da rúa Belvís.
2. Formulado polo PSdeG-PSOE relativo ao estado da rúa Lisboa en Fontiñas.
3. Formulado polo PSdeG-PSOE sobre o proceso de estabilización.
Preguntas orais:
1. Formulada polo PP sobre o nivel de colaboración do concello coa Semana Santa.
2. Formula polo PP sobre a situación da obra de rehabilitación do complexo deportivo de Vite.
3. Formulada polo PP sobre os fallos na xestión do cobro do servizo de comedor e madrugadores.
4. Formulada polo PSdeG-PSOE relativa a execución do proxecto de renaturalización entre Sar e Sarela.
5. Formulada polo PSdeG-PSOE sobre o servizo de conservación, reparación, reforma ou ampliación de edificios e instalacións municipais.
6. Formulada polo PSdeG-PSOE relativa á execución do plan de sostibilidade turística.

9. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PSdeG-PSOE para apoiar os obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda pública para os orzamentos xerais do estado 2024.
2. Presentada polo PSdeG-PSOE sobre a definición de vivenda baleira na lexislación autonómica.
3. Presentada polo PSdeG-PSOE para a promoción do sector da ourivería en Compostela.
4. Presentada polo PP para a eliminación da zona Ora creada recentemente na contorna do CHUS.
5. Presentada polo PP para transparentar os expedientes de contratación de emerxencia realizados durante a pandemina do COVID-19.
6. Presentada polo PP para a creación dun Marketplace local como ferramenta de apoio ao comercio local.
7. Presentada polo PP para a elaboración dun plan de dinamización da venda ambulante.

20.00 h
No Teatro Principal, sesión inaugural da 19ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) coa proxección de 586 cantos, unha homenaxe a Dorothé Schubarth. Asiste a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao.

22.00 h
No Teatro Principal, sección Trazas da 19ª MICE, coa proxección de Conxo, unha experiencia, de Manolo Abad, e de CCCV, Cineclube Carlos Varela, de Ramiro Ledo Cordeiro.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á gala da Fundación Down Compostela.

Compartir: