Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 1 de agosto

11.00 h
Na terraza do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes no campamento urbano do Centro Don Bosco.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o director da Academia Galega de Teatro, Eduardo Alonso.

Compartir: