Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 5 de decembro

NOTA: enviarase nota co resumo dos asuntos da Xunta de Goberno local.

10.00 h
En San Marcos (Costa de San Marcos, 24), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración da residencia Raiola San Marcos.

11.00 h
Na sede de Protección Civil (Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, local 1), o concelleiro de Protección Civil, Sindo Guinarte, presenta a campaña "Un nadal pola paz".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación da 1ª fase do Complexo Administrativo Cidade de San Caetano, na parcela da antiga estación de autobuses de Santiago de Compostela.

18.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o Belén de Conxo (ruela de Torrente N°6-8).

Compartir: