Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 2 de decembro

12.30 h
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura da Xunta, Román Rodríguez; e a xerente do Consorcio, Belén Hernández, presentan os actos do 30 aniversario da entidade interadministrativa cun paseo guiado. Ao remate haberá declaracións. Punto de saída: praza do Toural.

18.00 h
No CSC Maruxa e Coralia do Casco Histórico, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presenta os libros ‘Cancelas de Compostela’ e ‘Rótulos da memoria’.

18.30 h
Na praza do Obradoiro, acendido da iluminación de Nadal.

Compartir: