Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 7 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar as Xornadas de Música ´Contemporánea. Na rolda tamén estarán Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; María del Mar Lorenzo Moledo, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC; e Santiago Olmo, director do CGAC.
A continuación, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a Semana do Patrimonio Invisible e Noite do Patrimonio. Tamén estarán Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; e César Abella, de Trivium.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

11.15 h
No Salón de actos do CERSIA, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese cos directores dos CEIPs de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, sobre a apertura de instalacións deportivas.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

13.00 h
Na Casa do Concello, recepción a un grupo de afectados de Esclerose Múltiple e ELA.

NOTA: non haberá rolda da Xunta de goberno local. Enviarase nota.

Compartir: