Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 2 de marzo

10:30 h
Pleno extraordinario (NOTA: haberá streaming)
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación inicial do orzamento do Concello e cadro de persoal para o ano 2020.
2.- Proposta do Presidente do Auditorio de Galicia para garantir a capacidade financeira do Organismo Autónomo ante a contratación dos servizos de dirección, produción e realización do Festival Cineuropa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

Compartir: