Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 3 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Títeres A Xanela do Maxín presentan "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", dentro do Programa Didáctico de Compostela Cultura.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Unión de Consumidores de Galicia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

13.00 h
No Barrio de Sar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño, dentro do programa de festas do barrio.

13.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Fundación Laboral da Construción.

19.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Cultural Rocha Forte .

Compartir: