Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 8 de outubro

11.00 h
No Parque das Ciencias, a concelleira Mila Castro asiste ao descubrimento da placa en homenaxe ao científico Andrés Comerma, con motivo do Día da Ciencia en Galicia.

11.00 h
Na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación campaña "Merca e gaña" da Asociación Punto Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o arquitecto Eduardo Souto de Moura.

19.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Determinación de festivos locais para o ano 2021.
2.- Dar conta de designación de membro do grupo municipal Socialista na Comisión informativa da área do social, cultural, participación, igualdade e transparencia.
3.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais (pendentes de tratar na sesión ordinaria do día 24 de setembro):
1. Rexistro de entrada do día 15 de setembro de 2020, núm. 259, presentada polo grupo municipal do BNG, para desenvolver un plan de mellora do barrio das Fontiñas.
2. Rexistro de entrada do día 15 de setembro de 2020, núm. 261, presentada polo grupo municipal de CA, para o desenvolvemento dun curso escolar seguro e para facilitar a conciliación.
3. Rexistro de entrada do día 16 de setembro de 2020, núm. 276, presentada polo grupo municipal do Partido Popular, para o apoio ao Real Padroado da Cidade de Santiago.
4. Rexistro de entrada do día 16 de setembro de 2020, núm. 277, presentada polo grupo municipal de CA, para reclamar medidas urxentes para conservar o emprego na hostalería.
5. Rexistro de entrada do día 16 de setembro de 2020, núm. 278, presentada polo grupo municipal de CA, para manifestar o rexeitamento do Pleno ás comisións abusivas de Abanca.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: